Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello de Oleiros levará aos tribunais a Gas Natural Fenosa por cortar 28 árbores sen autor

Oleiros, 24 de marzo de 2017-. O Concello de Oleiros levará aos tribunais a salvaxe corta realizada por unha empresa que traballa para Gas Natural Fenosa no parque municipal existente xunto ao cemiterio de Liáns. Malia non contar cos permisos pertinentes e facer caso omiso aos requirimentos municipais, foron eliminadas totalmente 28 árbores nunha área duns 2.000 metros cadrados.

O vindeiro luns o Goberno municipal manterá unha reunión para analizar as posibles accións xudiciais a emprender para que este grave atentado ecolóxico non quede impune. Tamén se lle abrirá o correspondente expediente administrativo polo que os responsables terán que pagar unha multa de 60.000 euros.

“Non se trata só da sanción económica. O que realmente queremos é que os tribunais tomen medidas contra este tipo de delincuentes que veñen a Oleiros a destruír o que levamos construíndo durante tantos anos para beneficio dos que vivimos aquí”, comentou esta mañá o alcalde.
 

back link