A sentenza ampara a actuación do Concello de Oleiros en base á Constitución española, polo dereito á liberdade de expresión e á crítica política, entre outros. Ademais, impónselle ao lobby israelí o pago de todas as costas xudiciais.
Malia este tipo de presións e outras de índole superior como as ameazas veladas ao alcalde por parte do embaixadora de Israel no seu momento, o Concello de Oleiros leva décadas en campaña permanente en defensa da liberdade do pobo palestino. O Goberno municipal realizou constantes campañas informativas, accións reivindicativas, programas de cooperación, nomenclatura de espazos públicos, declaracións institucionais, manifestacións públicas, actos oficiais... en defensa da nobre causa palestina.
Nun momento que pasará á historia da humanidade polo posicionamento adoptado ante o atroz xenocidio perpetrado polo Goberno terrorista de Israel, Oleiros amasou unha vez máis o seu inquebrantable compromiso coa paz e cos dereitos humanos.