Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros esixe á Xunta que amañe de inmediato as graves deficiencias na fachada la

Oleiros, 18 de outubro de 2012-. O Concello de Oleiros transmitiulle á Consellería de Educación que amañe de inmediato as graves deficiencias que presenta a fachada lateral do edificio principal do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz. A dirección do centro comunicou ao Goberno local que nas últimas semanas se produciu desprendementos de cascotes nunha zona de tránsito na instalación.

Trátase dunha zona habitual de paso cara ao centro utilizada tanto por alumnos como polo persoal docente, co conseguinte perigo para a integridade física dos usuarios e usuarias. O Goberno local solicitou por escrito na máxima brevidade sexan enviados técnicos da Consellería que procedan a realizar unha avaliación exhaustiva da situación. Así mesmo, o Concello achegou diverso material gráfico que evidencia o desprendemento dos cascotes e sitúa a zona do incidente.

Peche perimetral do CEIP Luís Seoane
Ademais o Goberno local recordou ao Goberno autonómico a necesidade de amañar o peche perimetral do CEIP Luís Seoane de Canide, que se atopa moi deteriorado desde hai tempo e presenta un evidente risco para os escolares. Na súa solicitude, o Goberno local recordou que xa solicitou o amaño en pasadas ocasións  debido a que a progresiva deterioración supón un perigo para a seguridade do alumnado. Na solicitude cualifica a situación de deterioración do citado pechado é actualmente de «moi grave». Ademais adxunto un informe emitido polo xerente de Servizos Municipais acompañado de diversas fotografías a través das que se pode comprobar a gravidade da situación.
 

back link