Introduciuse un "bono coidado" que, aínda que parece unha mellora, en realidade perpetúa desigualdades ao ofrecer a mesma axuda a persoas con diferentes graos de dependencia e capacidades económicas. Ademais, elimináronse requisitos importantes, como o informe social, o que xerou máis confusión e desconfianza.
Os concellos son os que teñen que asumir as consecuencias desta política tan desconsiderada co segmento cidadán máis vulnerable. En Oleiros, en concreto, incrementáronse recentemente os recursos para paliar as estreiteces xeradas pola Xunta, para garantir a calidade do servizo de axuda no fogar, non sendo unha competencia exclusiva municipal.
O gasto anual do Concello de Oleiros en Servizos Sociais é Igualdade supera os 4 millóns de euros.