Para resolver os graves problemas existentes no transporte público creados pola incompetencia da Xunta de Galicia, o Concello segue aberto a dialogar para que se reordenen horarios e liñas, sempre e cando se manteña, como mínimo, o número de servizos que había antes do 22 de xullo.
É de lamentar que os representantes autonómicos tarden máis dun mes en intentar resolver esta situación e desprecen desa maneira aos centos de cidadáns que levan sufrindo durante estas semanas retrasos, perdas de tempo, imposibilidade de acceder aos autobuses, falta de información, etc..
De non rectificar de inmediato nesta decisión, o Concello realizará diversas accións encamiñadas a denunciar esta indignante actuación da Xunta de Galicia. Non é posible mellorar o tráfico sen un servizo de transporte minimamente digno.