Oleiros, 23 de novembro de 2020-. O Concello de Oleiros presentará un recurso xeral contra a pegada sonora que recolle o conxunto de vivendas e solares afectados, nas zonas do Seixo e Montrove. Esta actuación municipal non impide que calquera persoa propietaria afectada a nivel individual tamén presente o seu correspondente recurso antes do 4 de decembro ante a Dirección Xeral de aviación civil do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda urbana.
Hemeroteca
Desde Octubre 2010
“Non estamos falando de ir contra o aeroporto, pero si de defender as propiedades dos veciños porque coa ampliación da pegada sonora está hipotecándose centos de propiedades urbanas, ás que se lle van a poñer serias restricións ou imposibilidade de construír no futuro. Noutros casos non se prevén medidas correctoras para o illamento acústico. Tampouco se aclara que pasa coas vivendas xa edificadas e o incremento de medidas de insonorización no interior das edificacións”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.