Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello considera inacabada a rexeneración da ría mentres Costas non conecte os paseos de Oleiros e Cambre

O Concello de Oleiros non considerará rematado o dragado da Ría do Burgo mentres non estea rematado o último treito do parque litoral para conectalo con municipio veciño de Cambre, no Graxal.

Así o manifestou o alcalde, Ángel García Seoane, que insistiu na necesidade de que Costas complete o paseo litoral e non obrigue ás persoas usuarias a dar unha longa volta pola parte máis afastada da costa para acceder a Oleiros polos parques xa existentes. 

A pretensión de Costas é conectar as novas sendas de Cambre ás xa existentes na zona máis interior de Oleiros, evitando así adecuar a zona costeira no municipio oleirense.

Ademais, a obra supuxo outro agravio comparativo entre os concellos, xa que a area que trouxeron da zona de Santa Cristina para rexenerar zonas da costa, supuxo que tanto a veciñanza de Culleredo como a de Cambre disporá de zonas de baño, mentres a Oleiros non achegaron area ningunha.
 

back link