Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello celebrou unha charla solidaria no IES Maria Casares de Bastiagueiro

Oleiros, 24 de outubro de 2011-. O Concello de Oleiros, a través da Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Consumo celebrou esta mañá unha charla solidaria no IES María Casares de Bastiagueiro. O simposio, foi impartido por Víctor Omgbá director da Asociación Equus Zebra e estivo dirixida ao alumnado de educación secundaria. Esta charla enmárcase dentro da campaña de recollida de alimentos que, impulsada pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros, estase a realizar ata o 31 de outubro en todos os centros de ensino público do Concello.

Dentro do IES María Casares un grupo de profesores e profesoras están a impulsar accións co alumnado dirixidas a fomentar entre eles valores como a solidariedade, o compromiso, a sensibilización, o voluntariado… Esta charla achegoulles aos rapaces e ás rapazas deste centro unha testemuña da primeira man da realidade social no contorno máis próximo, da situación e das necesidades das familias en situación de exclusión, así como do traballo que se desenvolve desde esta entidade.

Por outra banda, permitiulles tamén coñecer a realidade no continente africano, os motivos que impulsan aos seus habitantes a emigrar cara a Europa aínda con risco da súa propia vida. Tamén coñeceron de primeira man en que consisten os proxectos de desenvolvemento que se fan neses países. En definitiva, unha experiencia moi valiosa e de primeira man para fomentar na mocidade, paralelamente á súa formación escolar, unha serie de valores e comportamentos humanos e solidarios.
 

back link