Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello apoia a manifestación do luns en solidariedade co pobo palestino

O Goberno municipal de Oleiros apoia e participará na manifestación convocada para o luns na cidade da Coruña en solidariedade co pobo palestino. O acto será ás 20:00 horas no Obelisco.

A grave masacre que a cidadanía palestina sofre desde hai décadas está a recruarse co xenocidio que está a perpetrar o Goberno de extrema dereita israelí contra os 2 millóns de persoas que viven na franxa de Gaza. Ao bloqueo total de alimentos, electricidade, combustible, auga, medicinas... súmanse os bombardeos, a ameaza de invasión terrestre e a imposibilidade de fuxida dese gran cárcere no que Israel ten cativa a poboación palestina.

O Concello de Oleiros reclama o cese inmediato da violencia contra a poboación civil, o levantamento do bloqueo contra a Franxa de Gaza e o dereito do pobo palestino a vivir libre e en paz.

back link