Hemeroteca

Asset Publisher

Back O banco solidario do Concello de Oleiros realiza unha campaña de recollida de produtos de hixie

Oleiros, 27 de maio de 2013-.  O Banco Solidario, creado a través da Oficina Municipal de Acción Voluntaria do Concello de Oleiros, inicia hoxe e ata o día 3 de xuño, unha campaña de recollida de produtos de limpeza doméstica e de hixiene persoal nos centros educativos do concello. O obxectivo desta actuación é reforzar a actuación dos servizos sociais municipais nos casos daquelas familias que se atopan nunha situación máis vulnerable.

Durante esta semana en todos os colexios, institutos e escolas infantís de Oleiros haberá un punto no que as familias de Oleiros poderán deixar os produtos cos que queiran colaborar. O obxectivo de desenvolver esta campaña a través dos centros educativos é transmitir tamén aos máis pequenos da casa unha serie de valores de solidariedade e compromiso con aquelas persoas que se atopan nunha situación de vulnerabilidade como consecuencia da crise económica.

A todas esas familias xa se lles está a apoiar a través dos servizos sociais municipais cos distintos recursos cos que conta o Concello, pero nos que este tipo de produtos non está incluído. Lixivia, papel hixiénico, deterxente, xabóns ou xampús, tampóns…, aínda sen ser produtos de primeira necesidade, como pode ser a alimentación, son indispensables na vida de cotío, de aí o motivo de levar a cabo esta campaña.
 

back link