Oleiros, 21 de decembro de 2011.- O departamento de Cultura do Concello de Oleiros organiza para este Nadal un completo programa de actividades de ocio e espectáculos. As próximas citas serán os vindeiros días 27, 28 e 29 no auditorio Gabriel García Márquez de Mera.
Martes 27 de decembro ás 18:00 h
Prezo: 2,5 euros. As entradas poñeranse á venda a partir das 17:00 horas, ata completar a capacidade da sala.
Idade recomendada: a partir de 5 anos
Compañía e obra: Ghazafelhos representa Frankenstein, de Pepablo Patiño, baixo a dirección de Pepablo Patiño.
Sinopse: Que pode agocharse tras un castelo escuro perdido no medio das montañas...? Quizais algo que non quere ser descuberto ou quizais algo que espera que o descubran...A Dra. Mon Champignom e o Dr. Pe Arrepío veranse inmersos nunha nova aventura aterradora nas entrañas dun castelo onde, nada é o que parece... Ghazafelhos parte dun clásico como Frankenstein para profundar nas diferenzas que, ás veces, nos fan sentir mal...
Elenco: Pepablo Patiño, Montse Piñón e Jorge Casas
Xénero: comedia
Duración: 80 minutos
Mércores 28 de decembro ás 18.00 h
Prezo: 2,5 euros. As entradas poñeranse á venda a partir das 17:00 horas, ata completar a capacidade da sala. Público familiar.
Idade recomendada: a partir de 4 anos
Compañía e obra: A compañía de maxia Cayetano Lledó presenta o espectáculo: A maxia de Cayetano Lledó.
Sinopse: O patrón dun circo no que xa non traballa ninguén vese obrigado a disfrazarse de diferentes artistas para non ter que pechar o seu negocio. Parodiando a diferentes personaxes intentará levantar o espectáculo, pero durante o transcurso do show as cousas se complicarán. Ilusionismo teatral con comedia, maxia musical, manipulación de cartas, malabarismo, clown, mentalismo, hipnose, etc.
Elenco: Cayetano Lledó
Xénero: maxia
Duración: 85 minutos
Xoves 29 de decembro ás 18:00 h
Prezo: 2,5 euros. As entradas poñeranse á venda a partir das 17:00 horas, ata completar a capacidade da sala.
Idade recomendada: de 6 a 12 anos
Compañía e obra: A compañía Sarabela Teatro representa Konrad, o neno que chegou nunha lata de conservas, de Christine Nöstlinger, baixo a dirección de Ánxeles Cuña Bóveda.
Sinopse: Imaxinas vivir cun neno que diga sempre “si” a todo e que ademais non saiba xogar? Que aburrimento! Claro que esa clase de mozos tan só poden ser feitos nunha fábrica ou por un ordenador. Pois iso ocorreulle en certa ocasión a unha pobre muller maior, a quen todo o mundo cría un pouco tola e que aseguraba ter recibido un neno na mesmísima porta da súa casa.
Elenco: Elena Seijo, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Nate Borrajo e Tito Asorey
Xénero: comedia
Duración: 55 minutos