Oleiros, 15 de novembro de 2013-. O Concello de Oleiros organiza mañá día 16 de novembro o pase da obra teatral Rosa de dous aromas, de Emilio Carballido, baixo a dirección de Lino Braxe. O Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera acolle este espectáculo da compañía Teatro Proscrito. A función comezará ás 20.30 horas. O prezo da entrada é de 2,5 euros e os tíckets estarán a venda unha hora antes. Esta comedia trata sobre dúas mulleres reunidas na sala de espera dunha cárcere comeza a relacionarse cando descobren que veñen a visitar ao mesmo home. Unha delas éa muller. A outra a amante. A duración da función será de 75 minutos aproximadamente e non esta recomendada para menores de 12 anos.