Hemeroteca

Asset Publisher

Back O auditorio de Mera acolle este sábado o pase de «Life is a paripé

Oleiros, 20 de outubro de 2011-. O próximo sábado día 22 de outubro o auditorio Gabriel García Márquez de Mera acolle o pase da comedia teatral Life is a paripé. A compañía Obras Públicas será a encargada de representar este espectáculo de José Prieto, baixo a dirección do mesmo dramaturgo. A sesión comezará ás 20.30 horas e as entradas poñeranse á venda unha hora antes ata completar a capacidade da sala. O prezo é de 3,5 euros. O espectáculo é para maiores de 12 anos. Life is a paripé é unha comedia de 75 minutos divididos entre 11 escenas diferentes onde a música, o teatro e o humor aparecen a partes iguais.

back link