Hemeroteca

Asset Publisher

Back O auditorio da Fábrica acolle o pase do filme «De Profundis»

Oleiros, 21 de maio de 2014-.  O auditorio da Fábrica acolle o próximo sábado día 24 o pase do filme De Profundis. A proxección desta longametraxe inclúese no ciclo de animación organizado polo Concello de Oleiros para este mes de maio. A sesión comezará ás 20.30 horas e o acceso á sala será libre ata completar a súa capacidade.

O filme foi dirixido polo ilustrador galego Miguelanxo Prado no ano 2006 e foi proposto á mellor película de animación nos Premios Goya de 2007. A historia narra a vida dunha muller, que tocando un violonchelo melancólico, agardaba o seu amado, un pintor que sempre quixera ser mariñeiro para navegar entre as medusas, as estrelas de mar e os peixes de mil cores que soñaba nos seus cadros.
 

back link