Oleiros, 23 de marzo de 2021-. O domingo 28 de marzo ás 12.00 horas continúa a programación do Apego co contacontos Rosa e Azul. Un espectáculo de narración oral de Pérez e Fernández dirixido ao público familiar maior de 3 anos que queira gozar das novas narrativas da literatura infantil. Unha sesión de contos teatralizados, que celebra a diversidade e que racha cos estereotipos de xénero e o binarismo imposto desde que nacemos. A través da manipulación de xoguetes e monicreques artesáns, mesturaremos historias reais con contos de ficción que xiran en torno ao respecto, ao amor, á tolerancia e á diversidade.