Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O aparcadoiro situado detrás da praia de Bastiagueiro quedará pechado por obras desde o 16 de s

Oleiros, 12 de setembro de 2016-. As obras de ordenación do aparcadoiro situado detrás da praia de Bastiagueiro, xunto á casa municipal da praia, impedirán o estacionamento de vehículos nesa zona. Recoméndase aos condutores que non utilicen a rúa das Anguías e empreguen o aparcadoiro da avenida Ernesto Che Guevara.

O Concello de Oleiros agardou ao remate do verán para acometer estas importantes obras que permitirán o asfaltado e creación de zonas verdes neste aparcadoiro público, que pasará a contar con máis de 200 prazas. O investimento que se realizará nesta obra ascende a 140.000 euros.
 

back link