Hemeroteca

Asset Publisher

Back O alcalde toma posesión do seu cargo de deputado provincial

O alcalde, Ángel García Seoane, tomou posesión esta mañá do seu cargo de deputado provincial e presidiu o pleno de constitución da nova corporación da Deputación da Coruña. Entregoulle o bastón de mando ao presidente provincial, Valentín González Formoso.

Ángel García Seoane, que xa foi deputado entre os anos 1979 e 1983, desenvolveu un importante traballo para beneficio do pobo de Oleiros desde a súa entrada na Deputación 2015. A súa participación na Deputación foi determinante para a contratación das obras de reurbanización da avenida de Santa Cristina que comezarán despois do verán, a construción da rotonda da Chasqueira, a ampliación da estrada da Besta (conexión Mera-vía Ártabra-Sada), a creación das beirarrúas na avenida de Venezuela, a mellora da rúa do Souto, a posta en marcha do co-working do Pazo de Arenaza, a obtención gratuíta dos terreos do INEF para o Concello, a financiación de numerosas obras e servizos...

back link