“Son moitos os temas que nos afectan e que están a paralizar a contratación de servizos, obras e a xestión dos nosos municipios: permisos de Patrimonio, Augas de Galicia, estradas, Lei de Policía Local que prexudica aos concellos máis pequenos e aos medianos… todo isto xera prexuízos importantes para os nosos municipios e debemos, por responsabilidade, esixir que se nos dea un trato máis amable”.
García Seoane chama aos seus homólogos a reunírense con anterioridade á asemblea xeral para conseguir unha postura conxunta que lles permita estar presentes nos órganos de dirección da Federación, co que conseguirán ter máis forza para lograr obxectivos comúns.