Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O alcalde asina o convenio coa Deputación para a construción do carril bici entre Santa Cruz e

Oleiros, 31 de agosto de 2016-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, asinou esta mañá na Deputación da Coruña o convenio para financiar a construción da última fase do carril bici de Santa Cruz a Mera, que ascende a 1.057.000 euros. As obras serán contratadas nas vindeiras semanas e estarán rematadas antes do vindeiro verán.

O proxecto contempla o acondicionamento definitivo e asfaltado das explanacións que se están a realizar desde Arillo ata Mera, así como a construción dos tramos inexistentes que quedan pola marxe esquerda da estrada desde Augarrío ata a casa do pobo de Dorneda. Tamén se abordará a sinalización do carril bici xa existente entre Santa Cristina e Santa Cruz.

As obras que se están a realizar desde hai semanas entre Arillo e Mera corresponden á primeira fase deste proxecto. O Concello está a levar adiante a obra con fondos municipais (900.000 euros), malia que sería a Xunta de Galicia a administración que debería realizar a obra por ter a titularidade sobre esa estrada. Os veciños e veciñas cederon gratuitamente os terreos para que a creación deste paseo fose posible.
 

back link