Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O alcalde amosa o seu rexeitamento ante Costas a que se dea por rematado o dragado da ría

O alcalde dirixiuse por escrito esta mañá á Xefatura da Demarcación de Costas de Galicia para reclamar novamente a creación dos tramos de paseo inexistentes nas zonas do Seixo e O Paraíso. O Concello rexeita facerse cargo do mantemento e conservación das obras, inacabadas neste momento.

No escrito, o alcalde denuncia o incumprimento do acordo acadado co anterior Xefe da Demarcación de Costas e co Delegado do Goberno sobre a continuidade e enlace do paseo de Beiramar coas obras realizadas polo recheo como balsa de lodos, para o que se dispuxo a talla de decenas de árbores de gran porte á beira da ría. Ademais, existen numerosos depósitos de lixo, rochas acumuladas e outros residuos que non foron retirados da ría, polo que se considera que en ningún caso se pode dar por finalizada obra. 

O Concello de Oleiros agarda a que a Demarcación de Costas dea unha resposta ante tal atropelo á cidadanía, carente de sentido. As obras non están finalizadas.
 

back link