Hemeroteca

Asset Publisher

Back O alcalde aclara que o Goberno de Oleiros non ten nada en contra do Concello da Coruña

Oleiros, 23 de setembro de 2015-. Ante as habituais interpretacións interesadas dalgúns medios de comunicación, o alcalde de Oleiros quixo aclarar esta mañá que o goberno que preside non ten nada en contra do Goberno municipal da Coruña. “Nós non estamos en contra de ninguén e moito menos en contra do Goberno municipal da Coruña”, dixo Ángel García Seoane.

“Sempre demandamos o que consideramos que lle corresponde a Oleiros, nin máis nin menos”, explicou o alcalde. No caso da proposta da corporación coruñesa para que os concellos da comarca soliciten un crédito de oito millóns de euros para facer fronte ás débedas da EDAR de Bens, o alcalde comentou que coñecía perfectamente o que pasara con esa depuradora “É unha obra que fixo a Xunta de Galicia e que recibiu o Concello da Coruña. Se naquel momento, o alcalde Negreira non revisou o que lle entregaron, agora non temos que pagar os concellos da comarca oito millóns de euros polas avarías derivadas da obra. A responsabilidade é da Xunta e do Concello da Coruña, e son estas institucións as que teñen que facer fronte a estes gastos”.
 

back link