Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O 1 de febreiro abre Servizos Sociais e Igualdade en Villa Etcheverry

 Oleiros, 24 de xaneiro de 2022-. Villa Etcheverry, ademais de continuar prestando servizo como centro social para persoas maiores e casa de préstamo para a mocidade, funcionará a partir do vindeiro 1 de febreiro como novo punto de atención municipal de Servizos Sociais e Igualdade. O horario de atención ao público deste centro será o mesmo que o das demais dependecias municipais, de luns a venres de 9 a 14 horas.

 
Co obxectivo de facilitar o acceso a este servizo público básico, o Goberno municipal incrementou o persoal desta área coa contratación de máis persoal para unha  atención óptima dos cidadáns e adecuou o edificio cunhas obras que tiveron un custo de 168.637,46 euros.
 
Tamén é posible solicitar o uso da planta baixa deste edificio singular situado no centro de Perillo para a celebración de reunións ou festas, con prioridade para menores de 30 anos. As persoas empadroadas no municipio teñen ademais á súa disposición as casas da praia de Bastiagueiro, A Gardesa e Agramar, así como os salóns das casas do pobo, sempre e cando non estean ocupados con actividades municipais ou das entidades. Para informarse ou realizar as solicitudes de préstamo de calquera das casas municipais hai que dirixirse á Fábrica ou á web www.oleiros.org.
back link