Oleiros, 21 de outubro de 2016-. O Concello de Oleiros organiza para o mes de novembro dúas xornadas de actividades vinculadas ao outono no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo. As persoas interesadas en participar poderán apuntarse a partir do luns, no 981 610 000, no centro cultural A Fábrica ou no enderezo electrónico r.caparros@oleiros.org.
Con intención de dar continuidade ao Obradoiro de Iniciación á Micoloxía organizado o pasado ano 2015, e en resposta ao seu éxito e aceptación, desenvolveranse uns Obradoiros Micolóxicos, que inclúen unha charla de iniciación o xoves día 3 e un obradoiro para persoas xa iniciadas no tema o venres 4 (en ambos casos de 19:00 a 21:00 horas). Ademais haberá unha saída conxunta dos dous grupos para a observación e identificación de especies no campo o sábado 5.
A seguinte fin de semana, o sábado 12 de novembro, desenvolverase un Obradoiro de Alimentación no Outono, de 10:00 a 13:00 horas, no que se traballará sobre as propiedades nutricionais dos alimentos do outono, o tipo de menú equilibrado para esta estación. Tamén se presentarán e elaborarán receitas propias desta tempada.