Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Non existe ningún vertido contaminante á ría na zona do Paraíso

O Partido Popular, coa colaboración dalgún importante medio de comunicación, continúa coa súa campaña de desprestixio de Oleiros, baseada na mentira. Desmontado, unha vez máis, pola propia Consellería de Sanidade que Santa Cruz é apta para o baño, tal e como levaba certificando o Concello con analíticas periódicas; agora pretenden denigrar Perillo e a ría falando de vertidos contaminantes que non existen.

Tal e como certificaron os técnicos do Concello de Oleiros, no Paraíso non hai ningún vertido de augas fecais. O escurecemento puntual das augas pluviais que desembocan na ría é por terra que procede, principalmente, de escavacións en Montrove, igual que sucede en moitos outros cauces fluviais de calquera outro territorio.

O Partido Popular de Oleiros chegou a utilizar un organismo da Xunta, a Augas de Galicia, para seguir alimentando esta gran mentira. Pero o informe de Augas de Galicia, do que non falan nin o PP nin a prensa, di claramente que non hai contaminación, que é terra, tal e como xa informaran previamente os técnicos do Concello de Oleiros.

Antes de publicar informacións falsas e crear alarmas sociais, a prensa debería contrastar debidamente as noticias interesadas que se dan desde algúns partidos políticos. 
 

back link