Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Marino de Mera e Atlético San Pedro disputan o sábado a gran final do Trofeo Concello de Oleiro

Oleiros, 23 de agosto de 2016-. Marino de Mera e Atlético San Pedro enfrontaranse o vindeiro sábado (Eugenio Pardo Conchado, 19:00 horas) na gran final do Trofeo Concello de Oleiros de fútbol. Ambos equipos chegan nun gran estado de forma a esta cita tras superar con claridade aos seus rivais nas semifinais desta competición.

Marino e Atlético reeditarán a final da pasada tempada, na que se impuxeran os de Mera. Ambos equipos coincidiron no torneo deste ano na fase de grupos con vitoria para os de San Pedro. Na final do sábado o Marino, que milita nunha categoría superior, debería exhibir a súa teórica superioridade.
 

back link