Oleiros, 27 de novembro de 2015-. Os gañadores do II Premio Literario Descubrindo Oleiros recibirán mañá ás 17.15 horas os seus correspondentes premios no Auditorio da Fábrica. Os agasallos son cámaras de fotos e libros electrónicos para os escritores e escritoras dos seguintes relatos:
- Unha mensaxe desde o fondo do mar (6º primaria)
- Boas ondas (2º ESO)
- Os segredos da Fábrica (accésit 1º ESO)
- Detrás dun andel (accésit 1º ESO)
Esta proposta busca poñer en común dúas cuestións: o interese pola escritura na rapazada e dar a coñecer Oleiros e a súa contorna como lenzo para obras literarias e feitos históricos ao longo dos anos. É por iso que as bases do concurso establecen que os relatos deben estar ambientados en Oleiros, escritos en lingua galega, ser inéditos, que non fosen premiados en ningún outro concurso e non estean pendentes de fallo noutros premios.