Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Mañá comeza o obradoiro de olería para adultos nas Torres

Oleiros, 30 de setembro de 2013.- Mañá comeza unha nova edición do obradoiro de olería para maiores de 18 anos, que organiza o Concello de Oleiros. Esta actividade será impartida por José Luis Rivas Fernández, o gran ceramista e escultor que leva impartindo este obradoiro desde os seus inicios. O curso durará ata decembro e será os luns e martes de 18.30 a 20.30 horas. As persoas interesadas en recibir máis información poden chamar ao departamento de Cultura ao teléfono 981 610 000.

back link