Oleiros, 10 de maio de 2017-. O pasado sábado o Auditorio Gabriel García Márquez de Mera acolleu a posta en escena do traballo de fin de curso do Grupo Estable de Teatro pertencente a Escola de Teatro Municipal do Concello de Oleiros. O alumnado dirixido por Ramiro Neira e Keke Díez presentaron ante algo máis de 250 persoas o espectáculo “WIFI”.
WIFI foi o resultado dun proceso creativo colectivo, baseado en tres ideas forza: A brecha tecnolóxica dos nosos maiores, Momo de Michael Ende e o conto Pacto de Sangre de Mario Benedetti. O espectáculo estivo protagonizado por Conchi Fernández, Baltasar García, Natacha Ceias, Manuel García, Fernando Imbernón, Silvia Larrosa, Gladys Pérez, Pilar Pérez, Nelly Rivas, Marisa Barros, Luly Barcos, Juan Otero, Sonia Sánchez, Gloria Feliz, Benita trillo, Cristina López, Antonio González e Jaime Faraldo.