Hemeroteca

Asset Publisher

Back Máis de 150 persoas participan mañá no roteiro literario

Oleiros, 29 de maio de 2012-. Mañá día 30 de maio 144 alumnos, alumnas e persoal docente dos institutos Miraflores e María Casares e do colexio Luís Seoane, así como 10 veciños e veciñas que se anotaron á actividade, participarán no roteiro literario. Esta iniciativa, posta en marcha pola Rede Municipal de  Bibliotecas e o Servizo Municipal de Normalización Lingüística, percorrerá lugares emblemáticos do municipio relacionados de forma directa con mulleres ilustres como María Casares, Sofía Casanova, Emilia Pardo Bazán e Juana de Vega. A actividade ten como principais obxectivos dar a coñecer a vida destas mulleres ilustres que viviron no Concello de Oleiros e mellorar o coñecemento de diferentes espazos do municipio.


A expedición partirá do castelo de Santa Cruz, onde unha monitora do CEIDA explicará as funcións do castelo na actualidade. Posteriormente trasladaranse á localidade de Mera, á casa de veraneo da periodista Sofía Casanova. Logo irase ao pazo da Carballeira en Nós, lugar onde viviu a escritora Juana de Vega e onde os participantes serán recibidos polo director da Fundación Juana de Vega. Por último visitarase Montrove  e o pazo do Río, lugar no que pasou parte da súa infancia a actriz María Casares.
 

back link