Oleiros, 26 de xaneiro de 2011-. Os veciños de Nós manifestaranse o sábado para pedir á Xunta a construción do novo colexio. Ás 12.00 horas concentraranse fronte á casa do pobo e ás 13.00 horas lerán un manifesto na finca Tenreiro.
Recollida de sinaturas
Ante a situación de engano e abandono que a Xunta mantén en relación a este demandado colexio, o goberno local organizou o pasado novembro unha xuntanza cos sete directores dos centro de ensino público de Oleiros e cos representantes de todas as Ampas destes centros. Na xuntanza acordouse demandar á Xunta a inminente construción do centro para evitar o problema de falta de prazas que desencadeou unha sobreocupación das aulas nos centro oleirenses durante o actual curso, onde se chegou a ocupar espazos destinados a actividades complementarias para desenvolver a actividade docente. Ademais nesta xuntanza acordouse iniciar por parte de toda a comunidade escolar oleirense una serie de actuacións como unha recollida de sinaturas nos centros de ensino que levaron a cabo as distintas Ampas. En total, recolléronse preto de 1.500 sinaturas que serán remitidas á Consellería. O Goberno local seguirá apoiando a mobilización cidadá e continuará levando a cabo todas as iniciativa posibles para lograr a construción deste importante equipamento docente para o municipio.