Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Las bibliotecas municipales también conmemoran el Día Internacional de la Mujer

Oleiros, 5 de marzo de 2013-. A Rede Municipal de Bibliotecas do Concello de Oleiros programa unha serie de actos especiais co obxectivo de conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora e reflexionar sobre a súa importancia.

Deste xeito o próximo 7 de marzo, na Biblioteca Central Rialeda, realizaranse tres sesións de contacontos titulados Contos contados con todas e todos, a cargo do actor Caxoto, para o alumnado de 1º e 2º cursos de ensinanza primaria do Colexio Valle Inclán de Perillo. A primeira terá lugar ás 9:30 horas, a segunda ás 11 horas e a terceira ás 12.20 horas. En total participarán  125 alumnas e alumnos e oito docentes. Trátase de sesións non sexistas, que intentan desmontar moitos mitos adquiridos e fan reflexionar a todos os escolares. As personaxes comprenden a importancia da igualdade de xénero, desempeñan roles non moi usuais.

O 13 de marzo, ás 19 horas, na Biblioteca Central Rialeda en Perillo, terá lugar a presentación do libro titulado Teresa Alvajar  López: Memorias dunha republicana. Neste acto intervirán a profesora e autora da obra Aurora Marco e o director da editorial Laiovento e escritor Francisco Pillado. A continuación proxectarase o audiovisual Teresa Alvajar. Compromiso e paixón pola Terra de Pablo Ces. Con este acto deséxase contribuír á recuperación dunha voz máis da memoria democrática, unha voz necesaria que nos achega momentos transcendentais da II República e períodos verdadeiramente traumáticos (guerra e franquismo) da nosa historia.

Xa por último,  o 21 de marzo, ás 20 horas no Teatro As Torres de Santa Cruz, levarase a cabo unha actuación musical de Jazz  por  Marian Ledesma & Tinaquero Brothers presentando As mulleres do jazz. A cantante Marian Ledesma, acompañada por catro grandes músicos de  bandas como Miki Nervio & The Bluesmakers ou May Thai & The Torino Rockets, ofrece un repaso por grandes cancións da historia do jazz interpretadas por mulleres. Escoitaranse temas de  Bessie Smith, Elizabeth Cotten, Minnie Memphis, Dinah Washington Billie Holliday e a gran Ella Fitzgerald. Ademais das súas cancións coñeceranse tamén anécdotas da súa vida e do contexto social no que se desenvolveu un dos movementos musicais máis importante do século XX.
 

back link