Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás García Seoane solicitará ao Ministerio de Fomento que remate con urxencia as obras da N-VI

Oleiros, 4 de febreiro de 2013-. O alcalde de  Oleiros, Ángel García Seoane, manifestou esta mañá que instará por escrito ao Ministerio de Fomento a que conclúa con urxencia as obras de desdobramento da N-VI ao seu paso polo municipio. O alcalde lamentou o retraso que acumulan os traballos e denunciou a actual situación de inactividade que experimenta a obra tras a quebra da empresa adxudicataria.

O rexedor manifestou que, aínda que os proxectos de soterramento desta estrada ao seu paso pola avenida das Mariñas e a creación dun paso a nivel no Carballo están paralizados, os traballos de ampliación da calzada que se están executando entre O Carballo e Pascual Veiga deben ser concluídos de inmediato. Así mesmo, García Seoane, destacou a situación de inseguridade e o risco que sofren os veciños e as veciñas da zona debido á obra e demandou unha mellora da seguridade viaria.

A N-VI ao seu paso por Oleiros é unha das vías máis transitadas de Galicia e un dos principais accesos á comarca da Coruña. As retencións son habituais debido ao tráfico que xeran os polígonos industriais situados nas inmediacións da vía. O Concello de Oleiros esixe unha resposta axeitada por parte do Goberno de España e a mediación do goberno autonómico neste problema.
 

back link