Hemeroteca

Asset Publisher

Back García Seoane considera que os deputados non defenden os intereses da comarca

Oleiros, 23 de abril de 2012-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, lamentou esta mañá que os representantes políticos da comarca da Coruña non defendan as demandas da cidadanía. O rexedor asegurou que os parlamentarios locais en ocasións non reflicten o sentir dos cidadáns e cidadás e que en moitos casos desoen as súas necesidades. Ademais García Seoane criticou que estes leven a cabo «políticas de aldea» a través das que fan afirmacións localistas que non reflicten a realidade social nin contemplan as auténticas necesidades da comarca.

Así mesmo, o rexedor mostrouse crítico co labor que se leva a cabo no Senado. García Seoane cuestionou a funcionalidade que a Cámara Alta ten na actualidade. «Os senadores están a gañar máis de 6.000 euros mensuais», lembrou o alcalde.


A falta de criterio do PP local
Por outra parte, García Seoane destacou a falta de criterio mostrada polo portavoz local do PP quen criticou o labor da Concellería de Obras Públicas en relación á rescisión da concesión da Casa do Arxentino, en Mera, cando este departamento nada ten que ver coas resolucións de Contratación. García Seoane considerou que o portavoz popular fala sen coñecemento de causa e descoñece o funcionamento da Administración local.
 

back link