Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Gabriel Tizón presenta o seu libro O importante non importa este venres, na Fábrica

 Oleiros, 2 de xuño de 2021-. O fotógrafo Gabriel Tizón presenta este venres día 4 de xuño, ás 20:30 horas no auditorio da Fábrica, a súa obra O importante non importa. Ademais do autor, o acto será presentado polo alcalde Ángel García Seoane e haberá unha actuación musical de Alberto Laso e Karlos Barral, compoñentes de Infusiones musicales.

 
A entrada é gratuíta con invitación, que poderá recollerse desde ás 19:30 horas na propia Fábrica. Ante a situación sanitaria, será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender ás indicacións e normas da organización.
back link