O xoves 19 de decembro ás 19:00 horas terá lugar a representación de O crebanoces interpretado polo alumnado de danza clásica da escola Municipal de Danza.
O venres 20 de decembro ás 19:00 horas será a quenda alumnado de lyrical e danzas urbanas que interpretarán unha función de nadal.
Estes espectáculos forman parte das diversas iniciativas que realiza o Concello para fomentar a danza como expresión cultural e artística ademais de seren estas ferramentas para a convivencia.