Participarán Consuelo García del Cid Guerra, escritora e investigadora supervivente do Patronato; María Dolores Gómez Benito, supervivente cun testemuño clave sobre violencia institucional e maternidades; Francisca Blanco Díaz, activista feminista e ecoloxista e supervivente do Patronato; Salomé da Torre, filla, neta e sobriña de mulleres supervivintes do Patronato e da represión franquista; Belén López Cillero, investigadora e autora dun traballo centrado na xunta provincial coruñesa; e Mayte González Trillo, xornalista en Radio Coruña Cadena SER.
A actividade incluirá unha análise territorial xa que en Galicia e, de maneira particular, na provincia da Coruña, a presenza do Patronato foi relevante. Investigacións recentes sinalan que entre 1941 e 1965 se produciron 490 internamentos rexistrados na provincia, aínda que a perda e destrución de expedientes dificulta o coñecemento da súa dimensión real, moito máis preocupante.
O Concello de Oleiros busca con este faladoiro reafirmar o seu compromiso coa memoria histórica en clave feminista, coa defensa dos dereitos humanos e coa construción dunha sociedade baseada na xustiza e na igualdade.