Abriu o festival a banda toledana, dirixida por Roberto Gamboa Díaz. Especialmente brillante foi a súa interpretación de Mago de Oz, unha adaptación de diversas cancións do grupo.
A Banda da Escola municipal de Oleiros, dirixida por Nilo García Armas, volveu marabillar ao público coa súa música. Destacou especialmente coa estrea de Muiñeiras D’Oleiros, composta polo propio director da banda, e que contou coa colaboración do Grupo de Bailes e Gaitas Santaia de Santa Cruz.