Oleiros, 1 de febreiro de 2013-. O Concello de Oleiros organiza a partir do próximo martes 5 de febreiro varios obradoiros de máscaras e antefaces nas Bibliotecas Municipais. Esta iniciativa, dirixida a nenas e nenos a partir de 5 anos, ten como obxectivo festexar o Entroido.
Os participantes poderán realizar distintas máscaras e antefaces e coñecerán as diferentes personaxes e figuras do Entroido galego (choqueiros, peliqueiros, cigarróns, pantallas...) a través da realización dun obradoiro manual e lúdico.
Divertiranse ao mesmo tempo que adquiren coñecementos de etnografía e cultura galegas. Debido a que só hai 20 prazas en cada obradoiro, as nenas e nenos que queiran participar deberán inscribirse na biblioteca correspondente.
Mes de febreiro. Hora: 18.30
Día 5
Biblioteca García Lorca. Montrove
Biblioteca Mª José Ruso. Dorneda
Día 6
Biblioteca Rosalía De Castro. Santa Cruz
Biblioteca Xograr Mendiño. Lorbé
Día 7
Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Biblioteca Manuel María. Oleiros
Día 8
Biblioteca Mª José Trincado. Mera
Biblioteca Ánxel Fole. Nós