Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás En fase de licitación o proxecto de renovación da avenida de Santa Cristina

 Oleiros, 13 de setembro de 2021-. O alcalde e deputado provincial, Ángel García Seoane, acordou co presidente da Deputación, Valentín González Formoso, a obra de renovación completa da avenida de Santa Cristina. Por tratarse dunha vía provincial, será a Deputación a que financie integramente esta obra.

 
Nesta actuación está prevista a reurbanización total da rúa principal de Santa Cristina, incluíndo a renovación de beirarrúas, pavimentación e iluminación. A Deputación acaba de sacar a contratación a redacción do proxecto para que unha vez realizado se poida proceder á contratación da obra.
back link