Oleiros, 26 de abril de 2016-. Mañá mércores 27 de abril ás 19 horas, a Biblioteca Central Rialeda de Perillo acolle un encontro literario coa escritora Elisa Vázquez de Gey para falar da súa obra “Una casa en Amargura”. Ademais da autora, intervirá a xornalista Cecilia Monllor.
Una casa en Amargura é unha novela ambientada na Habana do século XIX, na que unha muller, convertida en escrava, loita por recuperar as súas raíces perdidas. A moza Dulce emprende a busca das dúas fillas roubadas a Misterio, a súa serventa e antiga escrava, co obxectivo de levar a cabo a última vontade desta antes de morrer.
Co fondo da Habana colonial, poderemos achegarnos ao sistema escravista, ás relacións sociais que del se desprenden e coñecer a introdución, en Cuba, de galegos en condicións de escravos. Esta obra está documentada en fontes francesas, cubanas e galegas.