Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Dexo celebra o Samaín con magosto, talla de cabazas, paseo do terror e baile

Imagen Dexo celebra o Samaín con magosto, talla de cabazas, paseo do terror e baile

 A Asociación de Veciños San Antón de Dexo celebra os días 30 e 31 de outubro o samaín na Casa do Pobo con actividades para todos os públicos. 

O xoves 30 de outubro, a partir das 18:00 horas, terá lugar o obradoiro de talla de cabazas. Os participantes poderán levar os adornos que queiran para decoralas.

O venres 31 de outubro, a partir das 19:30 horas celebraranse xogos tradicionais para as familias e magosto popular. 

Ás 21:30 horas comezará o Paseo do Terror e para rematar a noite, ás 22:00 horas, haberá animación musical da man de Ayman Prosound.