Hemeroteca

Asset Publisher

Back Decenas de persoas volven concentrarse en apoio á directora do Colexio Luis Seoane

 Oleiros, 9 de outubro de 2020-. Máis dun cento de persoas concentráronse novamente esta mañá ante o Colexio Luis Seoane en apoio á directora do centro, á que a inspección de educación obrigou a dimitir do seu cargo. Ademais de centos pais, nais e alumnos do centro, numerosos veciños e veciñas participaron nesta concentración convocada pola ANPA, así como varios concelleiros e concelleiras.

 
Ante a evidente existencia dun posible delito de coaccións por parte da inspección de educación, o Concello de Oleiros vai trasladar o asunto á Fiscalía para que actúe. As ameazas, o abuso de poder, a vexación e as actitudes doutras épocas pasadas empregadas pola inspección non poden tolerarse nunha democracia.
back link