Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Costas non autoriza o concerto previsto na praia de Santa Cristina

 Oleiros, 17 de xuño de 2021-. Os concertos que ían celebrarse no mes de agosto na praia de Santa Cristina non poderán realizarse debido a que a Demarcación de Costas do Estado non autoriza esta actividade. O Concello de Oleiros emitiu un informe favorable pero Costas denegoulle a solicitude á empresa que ía organizar o evento.

 
“Unha empresa que se dedica á organización deste tipo de eventos encargábase de todo, viña cos grupos e necesitaba un espazo. Querían facelo en Santa Cristina e nos entendíamos que era un lugar ideal, xa que no seu día xa houbera algúns eventos similares. A empresa fixo os trámites ante Costas pero non lles autorizaban os concertos”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.
back link