Oleiros, 16 de outubro de 2020-. O Goberno municipal convocou asembleas informativas cos veciños e veciñas da rúa das Covas en Dorneda e da zona das Pedreiras en Oleiros para o vindeiro venres. A seguinte semana celebraríanse as asembleas coa veciñanza da rúa da Chave en Dorneda e da rúa Benito Vicetto en Nós.
Sempre e cando os propietarios (igual que fixeron os veciños dos demais núcleos do municipio ao longo dos anos) asuman o 50% do custo das obras a realizar, as vivendas destes lugares serían dotadas da rede de saneamento. Todos estas actuacións ascenden a un total de 462.481 euros.