Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Contratado o proxecto para a construción dun paseo fluvial entre Iñás e O Seixal

Oleiros, 19 de decembro de 2018-. O Concello de Oleiros contratou o proxecto para a obra de creación dun paseo á beira do río que vai desde Iñás ata O Seixal por 99.946 euros. A senda peonil, que terá máis de 3 km, permitirá nun futuro próximo pasear con seguridade, sen os riscos de facelo pola N-VI.

O proxecto consistirá en determinar os terreos que están afectados polo Plan Especial 2-R para a súa compra ou expropiación, así como deseñar o trazado, as súas características e os diferentes espazos que se crearán ao longo de todo o río.

back link