Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Concertos de Familia Caamagno, Roi Casal e Brais Morán & NasauFunk esta fin de semana na praza Esther Pita

Dentro das numerosas actividades paralelas á XXIX edición de Alfaroleiros, a praza Esther Pita acollerá os concertos de Familia Caamagno –venres, ás 22:00 h-, Roi Casal –sábado, ás 22:00 h- e Brais Morán & NasauFunk –domingo, ás 21:30 h-. As actuacións son de acceso libre e gratuíto.

Para hoxe xoves está programada unha demostración de olería ás 18:30 horas, o espectáculo de maxia do Mago Dani ás 20:00 horas, no parque Luís Seoane.


A programación de actividades para a fin de semana é a seguinte:


-    Demostración de rakú: venres, 17:00 horas, parque Luís Seoane
-    Demostracións de olería: venres, 18:30 horas, parque Luís Seoane
-    Espectáculo de rúa Nono: venres, 20:00 horas, parque Luís Seoane
-    Concerto de Familia Caamagno: venres, 22:00 horas, praza Esther Pita
-    Demostración de olería: sábado, 13:00 horas, parque Luís Seoane
-    Obradoiro de olería: sábado, 18:30 horas, parque Luís Seoane
-    Demostración de cociña en vivo: sábado, 20:00 horas, parque Luís Seoane
-    Concerto de Roi Casal: sábado, 22:00 horas, praza Esther Pita
-    Demostración de cociña en vivo: domingo, 13:00 horas, parque Luís Seoane
-    Xogos tradicionais Eira Xandobeleira: sábado, 18:30 horas, parque Luís Seoane
-    Pasarrúas do Grupo de Gaitas Santaia: domingo, 19:30 horas, parque Luís Seoane
-    Concerto de Brais Morán & NasauFunk: domingo, 21:30 horas, praza Esther Pita
 

back link