Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Concerto de Chasis este xoves nas Torres de Santa Cruz

Este xoves continúa o micro festival musical As Tardes do Alfar cun concerto da banda oleirense Chasis. Será ás 20:00 horas, nos xardíns das Torres de Santa Cruz con acceso libre e gratuíto.

Chasis é unha banda de rock & roll clásico integrada por Noé Vázquez (voz e baixo), Javier Insua (guitarra e coros), Alan Ponte (guitarra e coros), Xulián Varela, (batería) e  Esteban Zapata (baixo e coros). Acaban de gravar a súa primeira maqueta de estudio.

Antes do concerto, desde as 19:00 horas, haberá demostracións de olería en vivo e bautizo de torno para todas aquelas persoas que se acheguen aos xardíns das Torres, da man do oleiro Alberto Añón da olería Lista de Buño.
 

back link