Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Concedidos os premios do certame literario "Descubrindo Oleiros"

O xurado do X Premio Literario Descubrindo Oleiros, atendendo á corrección lingüística, á calidade textual e á orixinalidade concedeu os premios nas diferentes categorías. En total presentáronse 215 relatos.

Na primeira categoría resultou gañadora Mar Pérez Noriega, de 4º de primaria do CEIP Isidro Parga Pondal, polo seu relato "O rato Nuno". Nesta categoría, outórgase tamén un accésit a Pedro Vilela Quintela, de 3º de primaria do CEIP A Rabadeira, polo texto "A buxaina viaxeira".

Na segunda categoría o xurado decidiu que pola súa orixinalidade fose a gañadora Laura Barros Sanguino, de 5º de primaria do CEIP Isidro Parga Pondal, polo seu relato "Rosas", outórgase tamén un accésit a Kamila Castrillo García, de 5º de primaria do CEIP Luis Seoane, quen presentou o conto "Os nenos do Golfiño".

Na terceira categoría resultou gañadora Alba Caridad Castro, de 1º de ESO do IES Neira Vilas, polo relato "Branco. Peixe voador de sete patas".

Na cuarta categoría resultou premiada Tariqua Brandón Rey, de 4º de ESO do IES Neira Vilas, polo texto "As meigas de Ibarrola. A casa dos suspiros".

Na quinta categoría resultou gañador Ignacio Márquez Ricoy, de 1º de bacharelato do IES Miraflores, quen presentou o relato "Amigos".

E na sexta categoría, de persoas adultas, gañou "De camiño á igrexa", de Raquel Ríos Vázquez.

A entrega de premios realizarase o 14 de maio ás 19.00 horas nas Torres de Santa Cruz. O premio é un vale de 200 euros para cada persoa gañadora, para comprar libros en calquera das librerías de Oleiros.

Foi moi importante o labor dos centros de ensino na difusión e participación da rapazada, pois a maioría dos textos presentáronse a través dos colexios e institutos de Oleiros, polo o Concello agradece a colaboración dos centros. Así mesmo, o Servizo de Normalización Lingüística agradece a participación de todas e todos e anima a seguir escribindo.
 

back link