Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Comezan as obras de reforma do novo local municipal de Mera

Oleiros, 14 de novembro de 2017-. O Concello de Oleiros iniciou as obras de remodelación do local recentemente adquirido na praza da Lagoa, en Mera. Está previsto que os traballos se prolonguen durante as vindeiras semanas para que as entidades da localidade poidan desenvolver as súas actividades nesta instalación pública.

O local conta cunha superficie de 220 metros cadrados e custou 115.000 euros. No momento no que finalicen as obras, comezará a prestar servizo á Asociación de Veciños San Cosme de Maianca, que non dispón de ningún local para desenvolver as súas actividades, e ao Centro Deportivo Mariñeiro de Mera.
 

back link