Oleiros, 25 de abril de 2022-. Xa é posible adquirir a través de internet entradas para os espectáculos culturais organizados polo Concello. Desde a web municipal pode accederse á ferramenta en liña de compra das localidades.
As entradas para os espectáculos programados para esta fin de semana xa están á venda. O venres haberá danza no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera con Nova Galega de Danza e sábado música na Fábrica cun concerto de Bea a de Estrella.
En todos os casos, manterase tamén a venda de entradas presencial nas billeteiras dos auditorios, para que todas aquelas persoas que o prefiran poidan seguir accedendo aos espectáculos como ata o de agora.